Quén somos

Estudo Bonobo é algo máis que un centro de formación en materia de artes.

Somos un equipo de persoas que traballan na busca do desenvolvemento integral individual e grupal dentro de proxectos de deseño propios creados polo propio alumnado.

Música, Teatro, Danza, Ilustración, Deseño, Linguaxe audiovisual, etc, unidos para dar vida a proxectos artísticos, cada un diferente e que nacen das cabezas dos máis nov@s,  aprendendo a organizarse en equipos cohesionados en 360º no campo das artes.

Metodoloxía e Filosofía:

As aprendizaxes realízanse a través da titorización personalizada e a programación individual de obxectivos e contidos, en colaboración con outras disciplinas artísticas coas que se traballa na liña de proxectos musicais, plásticos, escénicos e audiovisuais dentro dun marco de traballo cooperativo, de solidariedade e igualdade social.