proxectos sociais

ROCKLAB

Proxecto en colaboración co Concello de Pontevedra no que grupos numerosos de alumnos participan na creación dun proxecto musical audiovisual relacionado coa literatura, enmarcado dentro da actividade do salón do libro. Películas musicadas, obras de teatro musicadas, agrupacións con temática literaria, e proxectos relacionados coa literatura e a música.

XERACIÓN SÓNICA

ou Titorización de proxectos musicais no Local de Música de Pontevedra. Despois de comprobar que a nosa canteira de artistas en Estudo Bonobo medra a grande velocidade, a través da Concellería de Cultura decidimos axudar a unha nova xeración de mozos e mozas a organizar o seu traballo, facerlles un seguimento especial e publicar as súas producións para que non queden no esquecemento.

Proxectos creativos encontra da violencia de xénero.

En colaboración con Namorando, traballamos en proxectos de creación 360º (plásticas, audiovisuais, deseño, ilustración, guión, música e son) con adolescentes e alumnado de primaria para a creación de mensaxes, escritos, tocados e cantados por eles, sobre a temática e a problemática da violencia de xénero.

PMPCA

Un dos nosos primeiros proxectos de danza, música, composición escrita e rap, traballo manual e proxección cultural-laboral, dentro dun marco de prevención de condutas adictivas a través da música. Traballo con adolescentes de etnia xitana a través dun proxecto elaborado co Secretariado Xitano e a Concellería de Benestar Social de Pontevedra.

-Inclusión e outras capacidades: En estudo Bonobo levamos dende o noso nacemento traballando en vías da inclusión real a través do emprego das artes. O traballo con persoas con outras capacidades o facemos a través do programa VOCES OCULTAS programa en colaboración coas asociacións Xuntos Down, Amizade, e Amencer Aspace.