Formación Artística

MÚSICA

FORMACIÓN INDIVIDUAL: Todas as idades

A formación individual en instrumento é unha das nosas actividades principais. O noso alumnado selecciona diferentes instrumentos, e coa axuda dun titor persoal busca un camiño para atopar a forma de deseñar o seu propio aprendizaxe a través de temas propios gravados en estudo de gravación e levados a directo en diferentes actividades con outros compañeiros.

FORMACIÓN GRUPAL

Outra forma de achegarse a práctica musical son os formatos de clases en grupo que temos en Estudo Bonobo:

AGRUPACIÓNS MUSICAIS en formato combo.

RITMO NA LÚA: Seguindo una liña dun conto que fala dunha viaxe espacial, nenos e nenas de 4 e 5 anos participan na creación de cancións relacionadas coas aventuras de Marvin, o extraterrestre que ven a visitarnos para traernos moito ritmo e rock´n´roll.

NOISE IN THE JUNGLE: outra forma de aprender música dende logo… teclados, sintetizadores, caixas de ritmo, secuenciadores, theremins, guitarras eléctricas, percusión de todo tipo, e 25 nenos e nenas de 5 a 6 anos que fan cancións en relación co rock´n´roll, e outras animaladas que pasan na xungla de Estudo Bonobo. Unha das nosas actividades estrela!

FUNNY ROCK´N´ROLL – Inglés a través da música: O rock como ferramenta para achegarnos á lingua inglesa dun xeito divertido e ameno, creando as nosas propias cancións e analizando as letras más relevantes da historia da música na lingua da raíña de Inglaterra.

ARTES ESCÉNICAS

-Teatro : Se sempre sospeitaches que o teatro e a interpretación son o teu, ven a probar as nosas clases. Descobre e potencia a personalidade artística que levas dentro, realiza un achegamento ao teatro mediante o corpo, a voz e a interpretación. Para todo tipo de primates, de 3 a 100 anos. Grupos reducidos. Consulta horarios e prezos!

-Ballet: Unha moderna aproximación a unha clásica disciplina.

A danza desenvolve a sensibilidade dos máis pequenos, permitindo que flúan os sentimentos con total liberdade. Ademáis ten moito beneficios a nivel físico: favorece a flexibilidade, a coordinación e a psicomotricidade. Ademáis, axuda á socialización, relaxa e libera adrenalina, mellora a autoestima e reduce síntomas de estrés e ansiedade, aumentando a confianza do neno en sí mesmo.

ARTES PLÁSTICAS

-Debuxo e Banda Deseñada: Tanto se es un neno, un adulto ou un dragón de komodo, en Debuxo Bonobo poderás descubrir e potenciar as túas habilidades coma debuxante. Dende nivel principiante ata profesional, atoparemos as ferramentas adecuadas para tí e faremos soar a túa voz artística o máis alto posible. Nas nosas clases revisaremos diferentes técnicas, estilos, trucos de debuxo e as súas aplicacións no mundo do arte, a ilustración e a banda deseñada dende proxectos reais cos que abraiaremos o mundo. A diversión corre pola nosa conta, ven a debuxar con nós a ritmo de rock and roll!!

-Pintura: Durante o desenvolvemento desta actividade anual aproximámonos ao lenguaxe plástico. Partindo de fundamentos básicos coma a cor, a forma ou a composición, potenciaremos o estilo persoal sen perder de vista o xogo e a afectividade. Deste modo tentaremos establecer un hábito que acompañe no desenvolvemento e que aporte ferramentas como a capacidade crítica e analítica ou a seguridade nun mesmo. Para todas as idades!

-Audiovisual: En #bonoboaudiovisual aprenderemos a desenvolver un proxecto audiovisual dende a súa escritura ata que o levamos á pantalla. Linguaxe narrativo de vídeo e técnica para levar a cabo curtas, videoclips, pezas para internet e reportaxes.

 

gl_ESGalego
es_ESEspañol gl_ESGalego