Formación Artística

-Formación individual: Todas as idades

 

A formación individual en instrumento é unha das nosas actividades principais. O noso alumnado selecciona diferentes instrumentos, e coa axuda dun titor persoal busca un camiño para atopar a forma de deseñar o seu propio aprendizaxe a través de temas propios gravados en estudo de gravación e levados a directo en diferentes actividades con outros compañeiros.

-Formación grupal:

Outra forma de achegarse a práctica musical son os formatos de clases en grupo que temos en Estudo Bonobo:

a. Grupos de percusión que pretenden aproximar as rapazas e rapaces a comprensión ritmica dende outro punto de vista.

b. Agrupacións musicais en formato combo.

c. Ritmo na Lúa: Seguindo una liña dun conto que fala dunha viaxe espacial, nenos e nenas de 4 e 5 anos participan na creación de cancións relacionadas coas aventuras de Marvin, o extraterrestre que ven a visitarnos para traernos moito ritmo e rock´n´roll.

d. Noise in the Jungle: outra forma de aprender música dende logo… teclados, sintetizadores, caixas de ritmo, secuenciadores, theremins, guitarras eléctricas, percusión de todo tipo, e 25 nenos e nenas de 5 a 6 anos que fan cancións en relación co rock´n´roll, e outras animaladas que pasan na xungla de Estudo Bonobo. Unha das nosas actividades estrela!

-Artes Escénicas

-Teatro : Se sempre sospeitaches que o teatro e a interpretación son o teu, ven a probar as nosas clases. Descobre e potencia a personalidade artística que levas dentro, realiza un achegamento ao teatro mediante o corpo, a voz e a interpretación. Para todo tipo de primates, de 3 a 100 anos. Grupos reducidos. Consulta horarios e prezos!


-Ballet: Unha moderna aproximación a unha clásica disciplina.

A danza desenvolve a sensibilidade dos máis pequenos, permitindo que flúan os sentimentos con total liberdade. Ademáis ten moito beneficios a nivel físico: favorece a flexibilidade, a coordinación e a psicomotricidade. Ademáis, axuda á socialización, relaxa e libera adrenalina, mellora a autoestima e reduce síntomas de estrés e ansiedade, aumentando a confianza do neno en sí mesmo.

-Breakdance: Queres descubrir o teu propio flow? Ven e adéntrate nas orixes do baile urbano. Déixate levar, desfruta, descúbrete…Imos bailar! Compartir, improvisar e rir son as tres accións principais cando falamos de breakdance. Esta disciplina require coraxe, fortaleza, liberdade…ser tí mesmo. E iso é precisamente o que imos descubrir. Breakdance, bboying, breaking, floor rap…son moitos os nomes desta espectacular danza ó longo das décadas. Unha danza que combian forza, resistencia, coordinación, axilidade, felixibilidade e equilibrio. Nacido no Bronx dos 70 como unha das catro ramas principais da cultura Hip Hop, o breakdance converteuse nun dos bailes máis populares na actualidade. Ó contrario do que se pensa, non precisas ter ningún tipo de destreza ou habilidade previa para desenvolverte neste mundo, pois faremos xogos de todo tipo para traballar dende cero. Apetéceche probar?

-Artes Plásticas

-Debuxo e Banda Deseñada: Tanto se es un neno, un adulto ou un dragón de komodo, en Debuxo Bonobo poderás descubrir e potenciar as túas habilidades coma debuxante. Dende nivel principiante ata profesional, atoparemos as ferramentas adecuadas para tí e faremos soar a túa voz artística o máis alto posible. Nas nosas clases revisaremos diferentes técnicas, estilos, trucos de debuxo e as súas aplicacións no mundo do arte, a ilustración e a banda deseñada dende proxectos reais cos que abraiaremos o mundo. A diversión corre pola nosa conta, ven a debuxar con nós a ritmo de rock and roll!!

-Pintura: Durante o desenvolvemento desta actividade anual aproximámonos ao lenguaxe plástico. Partindo de fundamentos básicos coma a cor, a forma ou a composición, potenciaremos o estilo persoal sen perder de vista o xogo e a afectividade. Deste modo tentaremos establecer un hábito que acompañe no desenvolvemento e que aporte ferramentas como a capacidade crítica e analítica ou a seguridade nun mesmo. Para todas as idades!

-Audiovisual: En #bonoboaudiovisual aprenderemos a desenvolver un proxecto audiovisual dende a súa escritura ata que o levamos á pantalla. Linguaxe narrativo de vídeo e técnica para levar a cabo curtas, videoclips, pezas para internet e reportaxes.