Artes plásticas

Santiago Paredes: Debuxo

Graduado en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra en 2011, cursou tamén un Máster en Libro Ilustrado e Animación que rematou con prácticas na escola de banda deseñada profesional O Garaxe Hermético.

Dende 2011 ven desenvolvendo a súa carreira profesional como ilustrador e deseñador gráfico realizando numeroso traballos para bandas de rock nacionais e internacionais como The Devil Dogs, Milkyway Express, Foxy Freire ou Furious Monkey House, entre outras, e festivais como Surfing the Lérez ou Armadiña Rock. Colaborou tamén con publicacións como a revista Luzes ou Diario de Pontevedra, numerosos fanzines auto-editados, e na súa carteira de clientes podemos topar reputadas axencias como Shackleton Group, a produtora Esmerarte ou Abanca.

A partir de 2013 comezou tamén unha relación laboral como artista coa galería Combustión Espontánea de Madrid coa que realizou varias exposicións como: Rock N Roll animal, Playdino ou Wild Mansion. Como autor de Banda Deseñada, actualmente se atopa traballando nun proxecto para Editorial Planeta, mentres espera a ver publicada a súa primeira novela gráfica “TATTOO” rematada en 2015.

Alba Blanco: Pintura

Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo,  Master en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, investigadora en formación no grupo de investigación  PE4 Imaxes e Contextos. Apoio á docencia nas materias Proxectos de Arte de Acción (4º Grao en BBAA, Universidade de Vigo) e Traballo de Fin de  Master en Arte Contemporánea. Investigación e Creación (Universidade de Vigo). Parte do Comité, tanto Organizativo como Científico, do Congreso de Arte de Acción Foxes e Interferencias. Combina a creación en solitario coa práctica colaborativa en de o colectivo de arte de acción Branco&Vermella, mostrando a súa obra en festivais, mostras e espazos públicos de Galicia, España, Alemaña, Arxentina, Ecuador, Holanda ou Irlanda. Actualmente desenvolve o seu proxecto de investigación  predoctoral centrado na influencia dos contos marabillosos de tradición oral na creación performática galega do S. XXI.

CLUBE Audiovisual

No noso clube audiovisual traballamos en equipo para levar a cabo proxectos audiovisuais de diversa índole.  Se che gusta a imaxe en movemento non nos perdas a pista, xa que temos en mente un montón de cousas guapas!!!

 

es_ESEspañol
gl_ESGalego es_ESEspañol