Equipo docente: música

Gonzalo Maceira: Música e son

Cunha dilatada experiencia tanto no eido educativo coma nos escenarios, será o encargado de levar a cabo os proxectos de música, son e informática musical. Podes velo saltando nos escenarios coa súa banda Furious Monkey House, ou facendo o canalla cos seus compis de Tractor Troy.

Toca o piano, a guitarra, o baixo e as castañolas. Ten un concepto do rock´n´roll moi seu, e gústalle máis o ruido que a un mono un plátano. Sempre cun sorriso, estará encantado de facerte vibrar coa toda a enerxía musical que desprende.

Violeta Mosquera: Música e vídeo

Fanática da batería e do rock´n´roll. Experta na imaxe en movemento. Levará a cabo os proxectos audiovisuais da escola, compaxinándoo coa ensinanza musical. Licenciada en Comunicación Audiovisual, encántalle coller as rendas de todo tipo de proxectos videográficos. Foi a creadora do proxecto Live On Litium e gañou o premio do Público na pasada edición do festival de Cans á mellor dirección de videoclip. Pódela atopar reventando parches e pratos ó longo da xeografía coa súa banda BALA.

Dela din que toca moi, moi forte. Gústalle o deporte, así que ela prefire darlle cera á batería que facer pesas ou ir ó ximnasio. Tamén manexa un chisco de guitarra, un pouco de piano…pero o seu sempre serán os paus.

Alejandro alonso: Música

A este músico autodidacta (AC/DC, Led Zeppelin e ser un adolescente tímido riveron moito que ver nisto) gústalle fozar en todo, dálle calquera cacharro e tentará facelo soar. Así convertiuse nun músico multiinstrumentalista, guitarra de Drama, Unicornibot e Orquesta Metamovida, baixista de Cuchillo de Fuego e batería no seu proxecto actual, Diola. Nestes últimos anos ven desenvolvendo a súa metodoloxía de aprendizaxe e experimentación musical en talleres de musicoterapia para maiores, no RockLab, en campamentos musicais de verán, e en clases particulares de guitarra, baixo e batería. Adicto ós escenarios, leva máis de 200 concertos as súas espaldas, será un dos encargados de orientar ós rapaces cara á formación da súa primeira banda de rock. Tamén ocuparase de achegar xs alumnxs ós instrumentos de corda (guitarra, baixo, ukelele…) ou á experiencia da grabación. E é o mellor profe do mundo. De veras que si, que ten unha taza que así o di!

Andres Martinez: Música

Enamorado das teclas dende a súa infancia, este pianista lucense é o máis clasico de Estudo Bonobo, mais no bó sentido. Licenciado en Interpretación Clásica polo Conservatorio Superior do País Vasco (Musikene), este rapaz a un piano pegado é o encargado das teclas en Estudo Bonobo. A súa labor, sen embargo, non se limita exclusivamente á música clásica, senón que ademáis participa en proxectos musicais de estilos moi diversos; como poden ser colaboracións con diferentes artistas do Pop/Rock galego ou co seu grupo de rock experimental Moloch, actividades que o levaron a tocar en escenarios de moi diversa índole. Ademais da súa labor pedagóxica nesta escola, participa en proxectos como «Música para a miña voz» ou «Voces ocultas», adicados ao traballo con xente con diversidade funcional.

Laura García Villar: Música

Comezou a estudar música con 13 anos a través do uso da guitarra na escola de música Alfaia (Santiago de Compostela). Xa daquela foi cando fundou a súa primeira banda de rock melódico chamado Beyond Heaven coa que tocaba en directo onde lle fose posible facelo e dende entón sempre andivo inmersa en numerosos proxectos de diferente carácter musical.  Actualmente é a baixista e a voz de GRIMA, a guitarrista, baixista e cantante de MOLOCH, a guitarrista e cantante de Monrovia e membra da Orquesta Metamovida como baixista ocasional. Todos estos proxectos teñen base en Pontevedra e aportáronlle unha longa experiencia como música nos escenarios e como creadora nos ensaios. Graduada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, post-graduada en Xestión Cultural pola universidade de Santiago de Compostela, esta moza de 24 anos é a encargada das actividades grupáis para cativos de Ritmo na Lúa, Noise in the Jungle (xunto con Gonzalo e Violeta) así como de instruír clases individuáis de guitarra, baixo, piano, batería e iniciación ó uso da voz.Esta xoven rapaza aportará con alegría e moita enerxía coñecementos musicais ós máis novos e a todo aquel que se lle poña por diante.

Nico Rodriguez: Música

Músico graduado en Produción Audiovisual e de espectáculos. Comezou traballando no tolo mundo da producción de programas para Mediaset en Madrid mentres seguía medrando como músico nas jam sessions da cidade. De volta en Pontevedra, segue a traballar no ámbito audiovisual coa empresa Producciones Mutantes, pero céntrase na súa carreira como músico tocando e gravando con artistas como Cora Sayers, Sugar Mountain, Malkeda, Querido Extraño, Duques de Monterrey, etc.

Iago Marta: Música

Guitarrista e compositor, entre outras tarefas musicais, Iago voltou para Galicia logo de máis dunha década en Barcelona. Alí deulle tempo a estudiar o grado superior de jazz no Conservatori del Liceu e a obter un Máster en música coma arte interdisciplinar, na Universidade de Barcelona e a Escola superior de música de Catalunya (ESMUC). Durante ese tempo, Iago formou parte de numerosos proxectos como intérprete e/ou compositor, incluíndo jazz, pop, poesía musicada, folklore latinoamericano, teatro musical e unha longa lista de estilos e xéneros. Grabou uns cantos discos con proxectos diferentes, xirou con eles e compuso música orixinal para curtas, teatro e spots diversos, cousas que segue a facer agora de volta en Galicia (www.iagomarta.com). Ademáis acumula moita experiencia coma profe, traballando en diversas escolas de música, con nenos e maiores, impartindo instrumento, combo, armonía,etc…entre as que destaca o Taller de músics de Barcelona.