Equipo docente: Artes plásticas

Santiago Paredes: Debuxo

Graduado en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra en 2011, cursou tamén un Máster en Libro Ilustrado e Animación que rematou con prácticas na escola de banda deseñada profesional O Garaxe Hermético.

Dende 2011 ven desenvolvendo a súa carreira profesional como ilustrador e deseñador gráfico realizando numeroso traballos para bandas de rock nacionais e internacionais como The Devil Dogs, Milkyway Express, Foxy Freire ou Furious Monkey House, entre outras, e festivais como Surfing the Lérez ou Armadiña Rock. Colaborou tamén con publicacións como a revista Luzes ou Diario de Pontevedra, numerosos fanzines auto-editados, e na súa carteira de clientes podemos topar reputadas axencias como Shackleton Group, a produtora Esmerarte ou Abanca.

A partir de 2013 comezou tamén unha relación laboral como artista coa galería Combustión Espontánea de Madrid coa que realizou varias exposicións como: Rock N Roll animal, Playdino ou Wild Mansion. Como autor de Banda Deseñada, actualmente se atopa traballando nun proxecto para Editorial Planeta, mentres espera a ver publicada a súa primeira novela gráfica “TATTOO” rematada en 2015.

Alba Blanco: Pintura

Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo,  Master en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, investigadora en formación no grupo de investigación  PE4 Imaxes e Contextos. Apoio á docencia nas materias Proxectos de Arte de Acción (4º Grao en BBAA, Universidade de Vigo) e Traballo de Fin de  Master en Arte Contemporánea. Investigación e Creación (Universidade de Vigo). Parte do Comité, tanto Organizativo como Científico, do Congreso de Arte de Acción Foxes e Interferencias. Combina a creación en solitario coa práctica colaborativa en de o colectivo de arte de acción Branco&Vermella, mostrando a súa obra en festivais, mostras e espazos públicos de Galicia, España, Alemaña, Arxentina, Ecuador, Holanda ou Irlanda. Actualmente desenvolve o seu proxecto de investigación  predoctoral centrado na influencia dos contos marabillosos de tradición oral na creación performática galega do S. XXI.

Pablo Cacheda: Audiovisual

Pablo  Cacheda de Paz é técnico de imaxe e realizador. Coa súa produtora «Volvemos a Primeira» leva a cabo proxectos de ficción como as curtas «Momentos captados  dunha realidade xa inexistente» (2009), «Aquí ha gato» (2011), » Unhas clases do social a tempo» (2012), a webserie «Clases do Social» (2013-2014), ou o curto musical » Superpunky» (2017). Tamén documental con «Ser  do Mercantil» (2018) Todos os proxectos destinados a difusión online.

Tamén realiza traballos de vídeo para axencias de publicidade, vídeo corporativo e coberturas de eventos.