Equipo docente: Artes escénicas

Rocio Romero: Teatro

A Rocío Romero, dende pequena, o que máis lle gustaba era poñerse na pel do malo dos He-man, Skeletor, mentres xogaba co seu irmán na casa. Anos despois a realidade superou a ficción e entendeu que xa era hora de darlle vida a eses personaxes. Formouse en diversas escolas de arte dramática coma a ESAD de Galicia (Vigo), Santart (Santiago) Aartistica (Vigo) entre outras. Cursou obradoiros de clown, comedia da arte, caracterización, actor ante a cámara, pedagoxía teatral, contacontos, cabaré, biomecánica… A súa vocación de actriz compaxinouna sempre coa docencia teatral, conta os contos e programación teatral. Actualmente sobrevive coas súas dúas compañías: Falabaratas, compañía dedicado ao público infantil e Enconarte Producciones  e a súa obra “No es país para coños” dedicado a un público adulto; coa a empresa Turiña, cunha actividade “culturista” (cultura e turismo) e traballa para varias empresas coma programadora cultural. Chega a Estudo Bonobo con ganas de revolucionar as cousas!

jumber: Breakdance

Alberto Pérez: Máis coñecido como Jumber e namorado desta disciplina dende que era pequecho, Alberto convertiu o seu hobbie preferido en algo profesional. Xa estivo bailando e batallando en Cracovia, nos Países baixos e mesmo no Marisquiño que nos queda máis preto ! Din que lle gusta moito facer o cabra loca e deixarse levar coa música. Ademáis, confía plenamente en que a través da danza podes chegar a encontrarte como persoa. Tampouco podemos esquecer que estudou educación e que foi monitor de tempo libre. Entrena con paixón e sempre está aberto a todo tipo de proxectos.

Isabel Gil Villar: Ballet

Desde moi pequena xa mostraba interese polas artes expresivas e escénicas sendo ximnasta de competición e practicando diferentes artes como a danza clásica, diversos estilos de baile, expresión corporal e teatro. Diplomada en maxisterio, monitora de tempo libre, adestradora de ximnasia rítmica, masaxista deportiva con estudos en  naturopatía, expresión corporal e mimo, sombras chinescas, cabezudos, construción e manipulación de marionetas de distintas técnicas, conta-contos, monitora de ludotecas, animadora sociocultural para os concellos de Cotobade e Marín, socia e fundadora da agrupación de monicreques e teatro Titirimaña con participación en festivais de monicreques e teatro, realizando actuacións de monicreques por toda Galicia, profesora en academia de baile Factory Dance e Ximnasio Odisea Sport, socia fundadora e adestradora do club rítmica Agarimo, vén a Estudo Bonobo a transformar o ballet tradicional.